jueves, 8 de octubre de 2026

🍁 O outono xa chegou coa música de Uxía Lambona!

Estes días na aula estamos a darlle a benvida a unha das estacións máis bonitas e coloridas do ano: o outono! 🍂
Para aprender un montón de vocabulario sobre o cambio de tempo, os froitos e a caída das follas, estamos a cantar, bailar e mover o esqueleto con esta canción tan divertida de Uxía Lambona e a Banda Molona:
"O outono xa chegou,
as folliñas caen e cambian de cor...
Imos enredar coas follas:
verdes, laranxas e amarelas!"
Deixámosvos o enlace para que poidades cantar e bailar tamén na casa en familia coma auténticos toliños! 🎶👇
          Pincha en la foto para ver más




No hay comentarios:

Publicar un comentario